Romance De Bernaldino E Sabeliña Songtext - Luar Na Lubre

Romance De Bernaldino E Sabeliña - Luar Na Lubre

Polo mundo me vou, madre
Polo mundo a camiñar(e)
En busca de Bernaldino
Que no o podo atopar(e)
E se foi de terra en terra
E de lugar en lugar(e)
Topou unha lavandeira
Lavando nun areale
-De Bernaldino señora
Que novas me pode dar(e)?
-Bernaldino, é da reina
O paxeciño galan(e)
Ao decir estas palabras
Bernaldino a porta sae
-Quen te trouxo aquí Sabela
Quen te trouxo a este lugar(e)?
-Teus amores Bernaldino
Por aquí me fan andar(e)
Colleronse polo brazo
Puxeronse a pasear(e)
En canto os vira a raiña
Aos dous mandara matar(e)
A ella enterrana no coro
Enterrano no altar(e)
Dela naceu unha fonte
E del un verde olivar(e);
Tanto crecen un e outro
Que aos ceos foron chegar
Cando os ventos sopran mainos
Os dous se queren falar(e)
Cando os ventos sopran recios
Os dous se queren bicar(e)


Video: Romance De Bernaldino E Sabeliña von Luar Na Lubre

Teilen

Zeige deinen Freunden, dass dir Romance De Bernaldino E Sabeliña von Luar Na Lubre gefällt:

Kommentare