O meu pais - feat. Sara Vida y Rosa Cedrón Songtext - Luar Na Lubre

O meu pais - feat. Sara Vida y Rosa Cedrón - Luar Na Lubre

O meu país/ é verde e neboento
É saudoso e antergo,/ é unha terra e un chan
O meu país/ labrego e mariñeiro
É un recuncho sin tempo/ que durme nugallán

Q quece na lareira,/ alo na carballeira
Bota a rir
E unha folla no vento/ alento e desalento
O meu país

O meu país/ tecendo a sua historia
Muiñeira e corredoira / agocha a sua verdá
O meu país/ sauda ao mar aberto
Escoita o barlovento/ e ponse a camiñar

Cara metas sin nome/ van ringleiras de homes
E sin fin
Tristes eidos de algures,/ vieiros para ningures
O meu pais

O meu país/ nas noites de invernía
Dibuxa a súa agonía/ nun vello en un rapaz
O meu país/ de lenda e maruxias
Agarda novos días/ marchando de vagar

Polas corgas i herdanzas
Nasce e morre unha espranza/ no porvir
E unha folla no vento/ alento e desalento
O meu país


Video: O meu pais - feat. Sara Vida y Rosa Cedrón von Luar Na Lubre

Teilen

Zeige deinen Freunden, dass dir O meu pais - feat. Sara Vida y Rosa Cedrón von Luar Na Lubre gefällt:

Kommentare