A miña amiga - feat. Diana Navarro Songtext - Luar Na Lubre

A miña amiga - feat. Diana Navarro - Luar Na Lubre

Pomba de brancas anzas
se ollas ó pé das augas
á mái belida fada
esa é a miña amada.

Pomba que voas leda
se ves na banda da ría
á máis belida frol
esa é a miña amiga.

E miña amiga,
coma as core s da mañá
feiticeira e garimosa,
coma unha noite de vran.

E miña amiga,
vimbro de xunca lanzal
arrecendente froliña,
aloumiño do luar .

Que non brile máis a lúa
nin luceiro da mañá
se miña amiga
perto de min non está.

Que sequen todas as fontes
e quede sin auga o mar
se miña amiga
perto de min non está.

Ehi vái, véla que ben vái
miña amiga pola ría,
camiño de seu casal .

Os seus cabelos son loiros
coma as areias do mar
e as estreliñas rebrilan,
no medio do seu ollar.
Anduriña, anduriña,
se viras cabo da ría
á máis xentil e benfeita,
a millor, a máis belida:
¡ esa é miña amiga!
¡ esa é miña amiga!


Video: A miña amiga - feat. Diana Navarro von Luar Na Lubre

Teilen

Zeige deinen Freunden, dass dir A miña amiga - feat. Diana Navarro von Luar Na Lubre gefällt:

Kommentare