Os Problemas Crecen Songtext - Ataque Escampe

Os Problemas Crecen - Ataque Escampe

Alí non se podía vivir e pedín entrar na nave.
Corriches detrás do motor de fisión.
A terra foi quedando atrás, adiós, regatos pequenos, adiós.
Cada vez máis pequenos no ollo de boi.
Na Vía Láctea encontraremos un bonito lugar nun asteroide de tipo A.
Non pasa nada, nestes tempos é mellor arriscar.
Non hei volver xamais.
Dicías que aínda menos mal pero non ves que os problemas crecen: non tiña seguridade social, e ti sabes que factura da luz?, tiven que ir a Londres para abortar.
Cada vez máis pequena no mundo real.
A terra arde e estou tan lonxe que non teño calor, no meu planeta menor.
E cando pasen os cometas da Nube de Oort, pensa no meu amor.
E que pasa se cambio de idea?
Se finalmente decido volver?
Non estarán os ríos nin as fontes no sitio no que os deixei.
E os planetas son todos moi fríos e canda ti non se durmía tan mal: este é o tipo de cousas que non debo, que non debo pensar.
E perdida aboiarei na galaxia, direi adeus ás estacións espaciais.
E non, non o podo pensar.


Video: Os Problemas Crecen von Ataque Escampe

Teilen

Zeige deinen Freunden, dass dir Os Problemas Crecen von Ataque Escampe gefällt:

Kommentare