A cabana do tío Tom Songtext - Ataque Escampe

A cabana do tío Tom - Ataque Escampe

Buscando amor na parafarmacia,
dás coa veciña que fuma no portal
e que renova a fe na democracia
escollendo crema facial.
Fas un estudo de mercado
para ver se compensará
o futuro cando quedes calvo
e non queiras xa ter motivos para ir comprar.
É fácil subsistir con mínimos de récord:
investir vida na barra dun bar
(pero recordas que cando descenda o dépor
todas as copas serán de cristal).
Escoitas novas sobre o vento nordés
da macroeconomía,
saes con paraugas por se quere chover
e por se quere escampar.
Respect yourself,
galegos de Alabama,
tratade ben os galegos:
cando van,
van para a cama pero acordan no caldeiro.
A vida é dura e o tempo é aceiro:
iso mesmo foi o que aprenderon primeiro.
Buscando honor entre campos de algodón
tamén van os usbecos.
E canto humor cabe nunha neveira
con marcas brancas agás para o ron?
(isto pretende ser outra brincadeira
das túas amigas punkis de salón).
Cando non saibas se subir ou baixar
non lle preguntes a un vello,
a non ser que sexa deses negros da Stax
e que che faga cantar:
respect yourself,
galegos de Alabama,
tratade ben os galegos:
cando van,
van para a cama pero acordan no caldeiro.
Para uns máis negros,
para outros máis brancos,
pero para todos uns traspoleirados.
Hai sitio na cabana do tío Tom
tamén para os haitianos.
Buscando amor entre a democracia


Video: A cabana do tío Tom von Ataque Escampe

Teilen

Zeige deinen Freunden, dass dir A cabana do tío Tom von Ataque Escampe gefällt:

Kommentare